Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COMPARANDO

COMPARANDO

 

           Rueda e algún ilustre mais comparaban o resultado das eleccións catalanas coas galegas. Nin Feijoo é comparable a Mas, nin Cataluña é  Galicia. As causas do afundimento dos socialistas hai que velo coa comparanza de Mas e Montilla, pero sobretodo, na ilusión que o PSOE esperta a  nivel estatal, traducida pola insoportable presencia de Zapatero  na campaña. A presencia de ese devaluado personaxe ó lado de Montilla fixo posible que o electorado visualizara o caos; erro que se debe apunta-lo director da campaña electoral. Era o momento de poñer  distancia e non aparecer cun cadáver no escenario, que lles lastrou a campaña dende Madrid. Esquerra afundiuse polas súas contradiccións e a corrupción; non así Iniciativa que mantivo, relativamente, o tipo, amosando o desgaste dun goberno nunha crise. Converxencia non anuncia terremotos, nin depuracións, só sentido común; comparalos  co PPg é un disparate. O partido de Rosa Díaz, o mais parecido ó PPg, levou un batacazo. En canto ó PP subiu moderadamente, o cal é un éxito, mais notable, especialmente, polo afundimento de Esquerra.

 

 

0 comentarios