CARTEIS EN VIGO
Nunha recente rolda de prensa, o presidente da Xunta, criticou o alcalde de Vigo por poñer un cartel na parroquia de Navia, no que se informaba ós veciños que o abandono da obra era culpa da Xunta. Un periodista preguntoulle, á marxe da veracidade do anuncio, pola opinión que lle merecía os carteis que Corina Porro colocou no porto contra do Axuntamento des Vigo, que foi o que iniciou a guerra dos carteis; Feijoo non esperaba tal pregunta, porque se supoñía que a rolda de prensa estaba controlada. Como personaxe que vive no fío das contradicións deulles unha lección da metafísica dos carteis, explicando o inexplicable. Hai periodistas que non entran na doma de San Caetano e orixinan estas leas.
0 comentarios