UN SÉCULO
Case un século despois da traxedia nacional, que tubo a orixe na rebelión de Franco; os seus herdeiros ideolóxicos aínda seguen coa mesma cantinela inmoral, o que nos demostra que a suposta transición cara a democracia non se deu e moitos políticos son incapaces de asumi-la democracia e viven anclados nos principios do réxime franquista, que xurdiu logo da rebelión do 36. Non é só o problema deses inadaptados, residuos dun negro pasado; o mais grave é que estes nefastos personaxes impiden que a sociedade supere as divisións, non as diferenzas ideolóxicas, coidando de sementar e perpetua-lo odio, obstaculizando calquera intento de reconciliación.
O acto de lembranza ós seiscentos mortos polos falanxistas na comarca da Coruña, debeu ser un acto colectivo, n o que se visualizara a unidade da sociedade. Negreira deixou claro que non compartía ese sentimento de reconciliación e excluíuse do acto; no seu afán de sementar mais confusión, acusou as vítimas, que foron asasinadas, por segunda vez, polo impresentable personaxe. Pra cada día tiña unha razón coa que explica-la súa postura, acusando ó alcalde da Coruña, outro día ós organizadores.
0 comentarios