A SUBREALISTA IMAXE
O ministro Blanco e Feijoo tiveron un encontro que nos deixou a imaxe, que nese momento quixeron transmitir, de unidade e de intres común por Galicia. O idilio pronto se rachou. Se nun primeiro momento Feijoo loubou a política do Ministerio de Fomento sobre as infraestruturas, logo arremeteu coma un poseso contra do Ministro. Posiblemente fora unha chamada de FAES a que lle fixo mudar de discurso, tal vez, libre do protocolo recuperou o seu clásico discurso. Pra min, a entrevista, na que Feijoo falaba nun inglés con acento e modismos dos socalcos dos Peares, e Blanco nun castelán castizo, sentíndose así mais importante, que lle facía esquece-las corredoiras nas que se criou. Por ambas partes, falar na lingua que lles debía unir, sería o normal. Bueno, debíalles unir, pero é típico das mediocridades sentirse importante renunciando ó que eles consideran inferior.
Hai que admitir que Feijoo ten un proceder que resulta de difícil comprensión, pois mentres el rebaixa os orzamentos pra infraestruturas nun 60%, esíxelles os demais que incrementen as inversións; iso réstalle razón a hora de expoñer que Galicia xa non pode esperar mais.
0 comentarios