O ANXELUS
No réxime do ausente, as 12 do mediodía, dende os campanarios e polas ondas das radios chamábase a oración. Dubido que a xeneralidade das persoas seguiran aquel chamamento , e ignoro que consecuencias físicas había pros que non o seguían. Xa bastante pena tiñan con sobrevivir, no medio da penuria, da que se libraban os franquistas; o que estou seguro e que eran reprendidos dende os púlpitos. Como naqueles tempos, Feijoo tódolos días, regala os noso oídos coa súa diaria declaración e, escoitándoo dámonos contra da sorte que temos ó ter un líder como el. Os seus diarios discursos son dun alimento, que a se 56% de galegos que viven na pobreza, ou na súa beira, xa non senten a necesidade de enche-lo estómago. Sen dubida, operando esta milagre, quén lle nega o carácter de mago a Feijoo.
2 comentarios
Apalpador -
Si algo di é: acabar co caciquismo curisoamente ao que lle debe parte da súa presidencia, mirar polo agro e o mar, pero mirar de lonxe, supoño...derogar o decreto do galego, lingua nai coa que todos nos criamos, apostar pola empresa, rebaixar os impostos...esas empresas, como non!!!...rebaixar as listas de espera na sanidade, a conta de desviar a sanidade privada onde están os mesmos galenos, pero comendo a dous carrillos, austeridade nunha administración pública creada a imaxe e semellanza do PP, e onde as costumes da boa vida son de vello...¿E onde quedan os xóvenes, os maiores,os parados, os labregos, os mariñeiros, a igualdade da muller, o galego, o medio ambiente, onde queda o noso futuro señor presidente? onde estivo sempre esquecido nos bolsillos do PP.
Feijoo es un falabarato
Mago celta -
Con razón pide ao Apostol hoxe que lle axude a atopar solucións para a crise...
Para, para..Obama, que ala vai Feijoo!!! Váste cagar...