SIGUIDISMO
A Lei do ensino que sacou a Xunta é un ditado das directrices de FAES. Non se trata de salienta-la presenza dos ensinantes como autoridade, antes ben, ós pais quéreselles dar un protagonismo exclusivo no ensino, renunciando a Xunta á función da Administración Educativa e fixar as directrices curriculares e convertendo os profesores en meros empregados domésticos.
Coa Lei a Xunta pretende disimular a privatización do ensino, convertendo os residuos que permanecen como ensino público, por falta de intres privado, nun ensino de segunda clase.
É patético que sexa a organización que rexenta Gloria Lago, inspirada por FAES, a que dirixa a política educativa da Xunta. Coa Lei do ensino Feijoo saca un instrumento co que lexitima o seu Decreto do plurilingüismo, rematando así unha imposición ideolóxica do 40% da poboación galega o resto do 60%.
0 comentarios