PROVOCACION
Baixo o engano dunha liberdade, que a reclaman como si non existira, un grupo de Deputados do Partido Popular, fan as intervencións no Parlamento de Galicia en castelán. Eses Deputados o que realmente pretenden é provocar. Curiosamente non destacan pola súa labor parlamentaria, pero son moi activos no ataque sistemático, non solo á lingua, senón a todo o que lles cheire a galego. Realmente o pobo galego é especial,. Porque non é moi doado asimilar que a esa xente lle paguemos un bo salario pra que nos provoquen, fagan burla de nos e chámennos de todo. Sen dúbida somos masocas, carecemos de valores éticos, e temos unha baixa autoestima. Foi un asunto protocolario, o do Príncipe falando en galego na inauguración do Gaias, pero ó grupo dos meritorios non lles sentou ben.
0 comentarios