UN POR QUÉ
Antes de que os datos do paro se fixeran oficiais, a Xunta xa sabía os resultados. Nin o xacobeo evitou que os resultados do paro en Galicia foran moi malos. Feijoo que é especialista en escorre-lo vulto liscou pro caribe; así non tiña que sufri-lo bochorno; aínda que penso que nada lle pon colorado, carece do sentido do ridículo. Tal feito queda de manifesto cando se postulou no congreso do PP como exemplo do mellor Presidente de Comunidade Autónoma. O rapaz é modesto e non ten sentido do ridículo. Sendo Galicia a Comunidade Autónoma onde mais aumenta o paro, debía agocharse no mais fondo do souto, pero il saca peito e non recoñece a realidade.
0 comentarios