POR UN CACHO DE CEO
Non é moito gastar o ano un millón de euros en capelláns, si temos en conta de que son os que nos poden dar un ferrado de sembradura no ceo. Os doentes do Sergas non terán cama, nin terán unha cita nun prazo razoable; tampouco haberá guantes pro persoal sanitario, pero a Conselleira Farjas, dános a posibilidade de que adquiramos pra toda a eternidade un cacho de ceo. Mesmo podemos sufrir pra morrer, porque o sufrimento recompensarase con outro ferrado de sembradura no ceo. O final, non teremos un bo servizo sanitario; xa que haberá que aforrar pra pagarlles ós curas, e privatizar pra lle dar choi ós amigos. Peor o teñen os doutras relixións, morreran como cans. Xa elixiron por nos, salvación eterna, pero peor atención sanitaria, con menos profesionais e menos medios
0 comentarios