¿FEIJOO O IGNORANTE?
Algunhas das afirmacións de Feijoo atribúense a súa tendencia a mentir, que son acompañados por frases tópicas de grandielucuencia, que nos recordan os usos do vello réxime. Pode que Feijoo sexa un mentiroso compusivo, de feito non se pode dicir que a verdade sexa unha das súas virtudes; nade pode dicir que dixo unha soa verdade na súa carreira de aspirante e Presidente do Goberno Galego.
Na súa rolda de prensa da Cidade da Cultura, dada o mais puro estilo dos tempos escuros, gabouse dos logros do su goberno; non foi o feito de suprimi-las preguntas o mais grave, penso que foi con moito, tratar a á prensa dunha capacidade nula de intelixencia, facendo dos mais sonoros fracasos unha rea de éxitos.
A perda de poboación, o deterioro do estado de benestar, o incremento do paro, a involución cultural, a mingua da actividade económica, o sectarismo e a corrupción son feitos innegables deste tempo.
0 comentarios