OS SALMÓNS
Os salmóns, ano tras ano, volven remonta-los ríos; os políticos, como en tódalas campañas electorais volven a sementa-lo pais de inauguracións, primeiras pedras e, sobre todo comer. As inauguracións non son nada sen unha boa papancia. Esta semellanza entre os políticos e os salmóns e mais aparente que real; pois mentres pros salmóns remonta-los ríos é unha cuestión de vida, os políticos fan das inauguracións ofensivas orxías. A tódolos políticos lles gusta aparentar que fan algo. Non todo o mundo se lle pode meter no mesmo saco; certo é que o PPg ganou por puntos, que aproveitaron que o Presidente da Deputación de Ourense inaugurou varias portas novas no Pazo provincial pra ubica-la superpoboación de porteiros, que o Presidente da Deputación de Pontevedra presentou ós tránsfugas como un trofeo das súas artes. As obras municipais e autonómicas, que volveran a servir pra inaugurar en vindeiras eleccións, algunhas solo son esbozos de proxetos feitos pra ocasión; alí onde non houbo que inaugurar, non faltaron os pinchos e a xuntanza social. Todo foi como si o tempo pasado fora a retención e a paralización de toda actividade, pra logo soltalas en precampaña como se foran unha pozada coa que asolagaron o pais.
0 comentarios