PARECIDO, PERO CRETINO
É gratuíto insulta-los galegos, xa o fixera Rosa Diaz, a cal non sairía a rúa si se mirara o espello; agora o expresidente Aznar fixo similares consideracións pra salienta-las cualidades negativas de Rajoy. A oposición, e asociacións calificaron de inaceptables as declaracións de Aznar, do que dixeron era un xenófobo racista e cretino. Pola súa parte, Feijoo declarou que el interpretara as palabras de Aznar como un eloxio. Aznar debe unha pública desculpa, mais coñecendo os antecedentes do personaxe non é de esperar. Pola súa parte Feijoo e Rajoy debían desautoriza-las declaracións de Aznar, pero débenlle o posto a el. Aznar está molesto con Rajoy porque non se deixa manexar por FAES como Feijoo; é que Feijoo sempre foi un guiñol, antes nas mans dos do Opus e agora nas de FAES. Estas aptitudes danse pola compracencia de Feijoo, que non asume os intereses de Galicia e promove o desprestixio do pais.
Tanto Aznar como Rosa Díaz son personaxes, en si, cómicos, pero iso non lles resta responsabilidades a eles e a quenes os xalean. O que Aznar se quitara o bigote dálle un aire distinto, pero iso non borra a súa imaxe de Charlot á Hitleriana e as súas paiasadas.
0 comentarios