FEBRE PRIVATIZADORA
Todo o que pode xerar beneficio é susceptible de privatización. Xa na época da Xunta de Fraga se inventaran o das Fundacións pra xestión de hospitais; foi un ensaio xeral. O deconstructor Feijoo foi o encargado de destrozar Correos e liquida-lo seu patrimonio. Un organismo esencial e enseña na maioría dos Estados. Feijoo non o modernizou; optou por destrozalo. Sería mais doado modernizalo, pero a razón esencial era deixar espazo pras empresas privadas e co desexo de que correos non sobrevivira.Eu, que comencein a miña carreira en correos, sentín a dor da perda de algo querido, de que se estaba atacando a unha Institución emblemática, co fin de acabar con ela. Xa na Xunta comenzou a privatización de todo o que puidera ser cobizado pros negocios privados, empezando por hospitais, como en Bos Aires, Vigo, Pontevedra, etc. Outro invento de Feijoo é a privatización paulatina, por Servizos, como en Cee; así, cando a xente se queira dar conta, teno todo privatizado; tamén privatiza os servizos sociais, sen que iso derivara nunha mellora dos servizos ou nun aforro pro Tesouro da Xunta; antes ben, o custo, nalgúns casos triplicouse
0 comentarios