Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

EN BUSCA DO VOTO

EN BUSCA DO VOTO

  

          Ós Deputados do PP son chamados a filas, non porque fagan o vago. Le-la prensa e chamar polo móbil son actividades penosas dos Deputados, de calquera grupo, cando acoden á Cámara. O PP necesita a tódolos seus Deputados pra que lles conten unha historia rosa ós votantes e os convenzan do moito que se traballa  na Xunta  polo pais, que parece que é menos que nada. Non importa que non se faga nada, que o único que se fixo nestes dous anos foi desfacer; o mérito está en contar unha bonita historia. Se alguén, que non será o caso, non crera eses milagres, a culpa de que non se faga mais é da oposición e, sobretodo, de Zapatero. Os Deputados serán o apoio ós candidatos a alcalde; aínda que eu penso que un bo cacique fará mais. Hai tres temas estrela pros mitins e  nas que os Deputados deben incidir: Os concellos combateran o paro, ( espero que do mesmo xeito que o fixo Feijoo): de momento, dende a Xunta estase a apoia-los concellos gobernados polo PP mediante xenerosas transferencias fondos; tamén dende as Deputacións, pra que sirvan de exemplo pros outros concellos e gañar votos  no propio. Os alcaldes do PP serán austeros, supoño que como Corina cando foi  alcaldesa de Vigo, que se gastou nun despacho secundario, case medio millón de euros; debía ser exposto pra que a xente vira a austeridade do PP.  A terceira pata son os servizos sociais. Vendo a política da Xunta, solo cabe rezar.

0 comentarios