Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

       Nun mitin celebrado en Ourense, o excelso Presidente da Xunta e demais coristas, ademais de lanzar anatemas contra do goberno do concello, facendo responsable do atraso da provincia de Ourense e accidentes meteorolóxicos, prometeron crear dous centros de saúde, ( malo, recoñecer a incompetencia da Conselleira de Sanidade), e o turismo, coa explotación das Burgas, (recoñeceron a incompetencia e inoperanza do Conselleiro de Industria). Conclusión: prometeron o que tiñan que ter feito. O mais, do mais é a austeridade. Cos exemplos da residencia do Presidente, coas cadeiras de 600 euros, a unidade, da Cidade da Cultura; co luxo do despacho que Corina se montara en Vigo, co parque móbil; estas parrafadas moven a hilaridade.  A compra de titulares de prensa é outra incongruencia da austeridade predicada; despilfárranse millóns de euros pra esconde-la incompetencia, tan necesarios en dependencia, paro, sanidade ou educación, afondando no descrédito dos medios e dos políticos, facendo evidente esa complicidade en contra da limpeza e da ética.

0 comentarios