NON O CESAN, DIMITE
Os asuntos nos que se ven imputados os dous altos cargos do PP de G, en boa lóxica, houbera suposto o seu cese fulminante. De afectar a outro partido o PP estaría bramando. !Que diferentes se ven as cousas cando é a propia casa a que está no ollo do furacán!. Tres cousas podemos sacar deste asunto, 1º.- a lixeireza da xuíza facendo pasear por Galicia adiante a dous persoas esposadas, ás que, independentemente da súa responsabilidade penal na que puideron incorrer xa foron condenados, en 2º lugar.- a sospeita de que no goberno de Feijoo a corrupción é unha constante en tódolos niveles, 3º a tomadura de pelo á sociedade galega, ó menos a parte dela, suspendendo de soldo ós encausados e logo di que dimite, pero sen facelo. A suspensión de emprego e soldo é procedente nun caso dun funcionario; a un Director Xeral, simplemente se lle cesa. A responsabilidade alcanza tamén a que os nomeou. Feijoo xa se apresurou a dicir que el non fora. Continuará....
2 comentarios
o autor -
Nemigo -