UN SUPERAVIT NA POBREZA
Como un logro do bo goberno, Feijoo presenta unhas contas orzamentarias con superávit. Iso non estaría mal si fora froito dun aforro en gastos non esenciais. O problema xurde cando vemos onde se produce o aforro. As partidas sacrificadas son as políticas de emprego, as políticas sociais, as inversións en infraestruturas e a política cultural. Outras, como as deportivas, simplemente desapareceron.
Unha cousa é predicar e outra dar trigo. Cando Feijoo estaba na oposición, fustigaba ó goberno, co que el alegaba pouco gasto social, prometía incrementalo gasto social se chegaba ó goberno. Dentro da sucia propaganda non sobresae solo a súa promesa de que remataría co paro en tres meses, nin a teatralidade do seu contrato con Galicia; aínda está viva a imaxe vergoñenta dun dependente que usou na súa campaña, e os moitos trucos de usar necesitados pra chegar ó corazón dos electores. Foi chegar ó goberno é os recortes xeneralizáronse, incidindo nos mais esenciais pro desenrolo e cohesión do pais. Houbo partidas, que mesmo medraron escandalosamente; tal foi o caso dos gastos correntes, entre os que sobresaen os gastos en propaganda, aumento da burocracia, transferencias a concellos amigos, mentres afogaba ós dos contrarios; aumentos escandalosos no ensino privado, mentres recortaba no público; e así con todo. Nembargantes, cánto hai de incapacidade pra gobernar, e como consecuencia prodúcese un superávit contable. Esa é a cuestión.
0 comentarios