Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS AMIGOS

OS AMIGOS

 

 

       A política do amiguismo, prioritaria no desgoberno de Feijoo, impregna a Lei de Montes que proxecta a Xunta. Os grandes donos, os caciques rurais e o absentismo rural son prioritarios ás vidas e bens dos habitantes do rural. Segue o PP sen unha política de prevención; as limpezas no monte,, que establecera como obrigatorias o goberno bipartito, foron eliminadas polo goberno bonsai; agora o PP aperta mais a lei, e prioriza os intres dos propietarios de montes e dos absentistas, fronte ó intres xeral. Os habitantes do rural verán como cerca das súas casas medra un monte salvaxe, que en caso de incendio pode poñer en  perigo ás súas vidas. Non o deben ver tan grave, cando esa mesma xente é votante do PP. Isto parece unha contradición, e pode que o sexa, pero a maneira de decidi-lo voto viaxa por escuras corredoiras. Tal foi o caso de pequenos concellos de Lugo, onde dende a Xunta se impoñían ós cidadáns sancións pecunarias, que logo eran anuladas pola xestión  do candidato a alcalde do PP. Ademais, vista a redución de medios pra loitar contra do lume, non debe ser motivo de desacougo, sempre teremos a Feijoo, cunha mangueira de xardín, e perfectamente equipado, disposto a combatelo lume. El é o Enver Hoxha galego.

0 comentarios