DOUS IGUAIS PRA HOXE
Como se de un cupón se tratara, Negreira repite aquilo da austeridade como se golpeara cun martelo pilón. Ós peperos saíulles ben o da austeridade, e agora é o seu mantra; non importa que baixen as inversións e incrementen os gastos correntes. A propaganda sempre é rendible. Votando contas Vigo ten mais residentes que A Coruña; en Vigo haberá Dous tenentes de Alcalde; na Coruña haberá cinco, mais un concellal de apoio, que actuará como o Subtenente, amén doutras parafernalias. O Alcalde de Vigo non fixo alarde de austeridade. Pola contra, Negreira, igual que Feijoo presume do que non vai facer. Non sei se será de fiar, pero creo mais no alcalde de O Ferrol; convénceme o seu discurso; e por suposto, en Lores.
0 comentarios