O XARDIN DO PPg
A Política forestal do PP volve á imaxe cutre de Feijoo, pousando pra cámara, apagando un lume cunha mangueira de xardín e lucindo a indumentaria de oficinista pijo. O pasado fin de semana houbo mais de douscentos incendios; Galicia era un inmenso braseiro. Se ben ten que haber mais dun culpable pra tanta desgraza, hai que concluír que o director da orquesta non se pode sustraer a súa responsabilidade. Despois da utilización demagóxica que fixo dos incendios, chegoulle o seu San Martiño; e agora é de esperar que estea altura das circunstancias, e que , polo menos dea unha información veraz do que pasa, e non oculte e terxiverse os feitos como está a acontecer.
0 comentarios