Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

 

     Galiza é unha continua cacharela. O día de San Xuan pasou e os nosos montes seguen ardendo. Xa é un feito grave Que a nosa principal riqueza se converta en cinza; pero indígname a parálise dun goberno que solo actúa pra propaganda. Arbores centenarios, que foron parte da nosa paisaxe e erdanza dos devanceiros, son hoxe un braseiro, un montón de morta cinza. Vexo os montes cubertos de loito e morte. Sinto unha inmensa tristura. A xunta sen mais capacidade que a de facer propaganda, chama a UME, que acude de contado. O Delegado do goberno recórdalle á Xunta que a UME é un complemento, nunca pode sustitui-los medios da Xunta.

1 comentario

Donicela -

É totalmente incrible que haxa xente que se dedique a plantar lume no monte, de verdade que non logro entender que é o que pretenden. Facer mal por facelo, sen mais! porque outra cousa non se entende! Claro, que se a iso engadimos un goberno despreocupado polos problemas medioambientais de Galicia … mal vamos! O lume non é cousa dun día nin de dous! Levamos anos vendo arder os montes e as actuacións para acabar con esta praga son inexistentes. Necesitase unha maior conciencia ecolóxica, unhas sancións exemplares e un goberno que gaste os cartos en coidar o noso pais que xa esta ben de tanto pasotismo!

Un saúdo