Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CULPABLES

CULPABLES

 

     Aínda que resulte difícil de crer,  houbo quen festexou o peche dun xornal independente e en galego;  mesmo alguén votou man deste feito pra salienta-la acertada política lingüística da Xunta. Certo que a Xunta deberá apoiar eses medios en galego, pero iso sería contrario á política da Xunta, non como sostentadora dunha política neoliberal, porque esa filosofía non lle impide subvencionar xenerosamente ós medios que publicitan o fantasmagórico goberno; senón porque apoiar os medios independentes e en galego sería ir contra dos  principios. Ese cinismo non exculpa ós que se supón deberían apoialo, tanto grupos políticos  e  sociais progresistas como ós cidadáns de a pé. É asombroso que non haxa en Galiza mais de 250 galegos que eran  os que mercaban o Xornal. Con toda seguridade este acontecemento sexa a escenificación do suicidio de Galiza como pais cunha conciencia de seu. Está visto que a independencia e o galego non venden.  

0 comentarios