ÉTICA QUE INDIGNA
Que o primeiro que se faga a nova Directora do Fondo Monetario, alegando un mellor compromiso ético, sexa subirse o soldo, é curioso. Unha Institución que loita contra pobreza, unha Institución que debía dar exemplo de austeridade, predicar co exemplo; ponlle a súa directora un soldo obsceno, libre de impostos e cunha pequena cantidade de 60. 000 euros pra gastos sen xustificar. Namentres conxélanse ou rebáixanse os soldos e as pensións dos traballadores; non así os dos directivos de empresas, aínda que se atopen en crise pola súa culpa. !que mundo!. Que o paren, que eu báixome
0 comentarios