TAL DIA COMO HOXE
Coroando os 365 días do ano, culmina a data do 25 de de xullo coa novación dun compromiso de vida, que será o vieiro do vindeiro ano. Pensaba que o 25 xullo significaba o mesmo pra tódolos galegos, ou algo similar. Espertei do meu sono e deime conta, escoitando o que se dixo na convención das xuventudes peperas de Santiago, que non era así, e que as distancias eran longas. Foi a celebración, anticipada, do 25 de xullo das xuventudes peperas un feito cunha intencionalidade ideolóxica de quitarlle significado á data do 25 de xullo. Da xuntanza, ademais da consabida atonía, cabe destaca-lo discurso do líder das xuventudes peperas, envolto en naftalina, con aires Joseantonianos, que tiña como mais recente a letra das pasadas eleccións autonómicas, e o discurso do Inefable Feijoo, sacado da factoría FAES, cargando contra do nacionalismo e de calquera visión do mundo que se aparte do papel que Deus lle asignou a España como unidade de destino no universal. A confrontación, a división de Galiza en bos e malos, foi a esencia dunha predica á confrontación bélica de mundos que non teñen cabida no mesmo espazo, razón pola que Feijoo ve razoable o aniquilamento dos inimigos políticos.
Como di a letra do noso himno sobre os nosos valores: mais son os ignorantes, feridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.
0 comentarios