UNHA PATRIA CON MATICES
Os atrancos do alcalde de Santiago ás manifestación de grupos nacionalista e de esquerda, no foi óbice pra que CAUSA GALIZA e NOS-UNIDADE POPULAR tiveran unha apreciable presenza. Por certo foi moi comentada a indumentaria do Alcalde de Santiago, vestido de gaiteiro, mais propiamente con traxe galego de gala; o que motivou a chunga de Feijoo e outros asistentes ó acto oficial. O hábito non fai ó monxe, pero deixou descolocado ó persoal. E non sei se o acto foi unha excentricidade cunhas pingas de burla, ou aquilo de que o importante, sen importar cómo, é da-la nota. O que parece seguro, visto o comportamento do personaxe, que quere reduci-lo galego a algo folclórico. A marcha do BNG non desmereceu as doutros anos, pero segue falto de líder e de proxecto a nivel de cidadán. Tamén, o meu ver, houbo cousas positivas. As Medallas de Galiza recaeron en xente destacada da ciencia e da cultura, pouco, ou nada afectas ó goberno, ó que dedicaron reproches nos seus discursos. Hai que lle agradecer a Feijoo que as medallas non se encamiñaren a un acto folclórico.
0 comentarios