SUBVENCIÓNS ÁS TOURADAS
Non me gustan os bois, non teño o mesmo gusto que as vacas; por elo non me gustan as touradas; como espectáculo, paréceme cruel e deprimente. Postos a tolerar esas festas de sangue; non podo transixir que dende a Xunta, cos meus cartos e cos de tódolos galegos que non participan desa crueldade, se subvencionen esas touradas. Axuda-la xente, a ser cruel, a subvenciona-la crueldade, namentres non se axuda ós dependentes, se deixa pasar, (literalmente) fame a millares de galegos, paréceme un sinsentido. A concelleira de cultura do Axuntamento da Coruña, seguro que ve nas touradas un espectáculo magnífico. Temos os gobernantes Que eliximos, nosa é a culpa.
1 comentario
Donicela -