FANATICOS
As tres grandes relixións monoteistas, teñen grupos ultras que se consideran, en exclusiva, en posesión da verdade. Estes fanáticos pretende unha involución social no tempo, e son contrarios a calquera tipo de avance social, ou científico. No noso caso, as posturas inmobilistas da airexa, tanto en materia social como científica, son escandalosas; atopándose, curiosamente, en maridaxe con réximenes políticos represores das liberdades e, sempre, en conivencia co poder económico.
Ós que se opoñen a que o goberno dedique cuantiosos recursos pros faustos da visita do PAPA, que detrae doutras partidas necesarias, chámanlles intolerantes. Chámalle o forno ó muíño queimado.
Católicos de base e cidadáns laicos rexeitas os fastos, uns por ostentosos e outros porque non están pola labor de que se destinen fondo públicos ó acto.
A manifestación prolaicismo suponse que tiña un itinerario autorizado. Mentres os católicos pechaban zonas de Madrid, non solo Cibeles, a policía cargaba con desmesura contra a manifestación dos laicos. Perigosos elementos da terceira idade quedaban ensangretados e tirados polo chan. O Goberno non se pon dacordo sobre unha investigación da actuación da policía. A mesma policía investigarase a si mesma.
0 comentarios