O PE DA CAÑÓN
O que lea declaracións de Feijoo non lle quedará a mais mínima dúbida de que sigue no temón pilotando a nave; daranos a impresión de que Galiza nada ten que temer; porque o piloto segue no seu posto, e a nave está segura na súa singradura polos mares procelosos da gobernabilidade. O certo é que as declaracións gárdanas os supostos entrevistadores no caixón da gabeta, e sácanas cando lles ven ó caso, co que dan a sensación de actualidade. As entrevistas concedidas, fai tempo, a periodistas de confianza adquiren un verniz de autenticidade con esas aparicións nas touradas de Pontevedra, con entradas de balde, pra un selecto e nutrido grupo de peperos, facilitadas pola Deputación de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra t7amén facilitará ó PP o castelo de Soutomaior, pr6a inicia-la precampaña electoral. Alguén dirá: o PP sempre estivo en precanmpaña. Xa vemos que as Deputacións son Entes moi útiles; e nin o PSOE, nin o PP as queren suprimir,. Non será útiles pra sociedade, pros políticos si.
0 comentarios