SEN MIRAR PRO EMBIGO
Sen mirar pro embigo o Superconselleiro do goberno bonsai, arremete contra do Ministro de Fomento por non inverter mais no AVE. Estaría de acordo co Superconselleiro si el fixera algunha obra pública. O cinismo fase insoportable cando na súa Consellería se reducen os proxectos de obra pública nun setenta por cento. Tampouco se presenta un plan reivindicativo que que o faga crible; porque se limita á circunstancia de desgaste ó goberno do PSOE. O futuro pinta moi negro si é certo o pacto secreto do PP e CIU pra paraliza-lo AVE a Galiza. Rajoy xa o deixou claro: pra el o AVE a Galiza no é prioritario. Asi que a poñer velas ó Cristo dos Miragres.
No presente, limítanse as axudas ós concellos, non a todos o mesmo, porque o goberno bonsai e xusto e goberna pra tódolos galegos, non é un goberno caciquil; cousa que costa crer.
0 comentarios