ESTA DE MODA
A austeridade está de moda; o PSOE di que a Xunta pode aforrar cincuenta millóns de euros, pechando chiringuitos, con duplicidade de funcións, e as Superdelegacións, inútiles e prescindibles todos eles. Nesa liña precisamente vai Feijoo, que xa anunciou a creación de mais chiringuitos, ós que chamará axencias. O persoal, como é lóxico, nomearase a dedo. O único fin que teñen é política de partido, sectarismo e control dos votantes, ós que se ve como un gando que hai que levar ó curral propio. Nesa de simplificación e austeridade está a creación dese Órgano paralelo a FEGAM, formado polos concellos galegos do PP. !Pedazo de Presidente!. Non o merecemos; eu son conscente deso, e renuncio a miña parte.
0 comentarios