Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON É POR CASUALIDADE

NON  É POR CASUALIDADE

 

         O conflito cos docentes non é por casualidade. Foi unha confrontación buscada, dentro da estratexia do PP de acoso ós servizos públicos. Non se trata dunha simple protesta,  da defensa duns  dereitos, aínda que haxa docentes que a defensa dos seus  dereitos sexa suficiente motivo pra i á folga.  No fondo latexa un conflito ideolóxico sobre o papel da educación; non se tra simplemente de concibi-la educación como unha inversión ou un servizo; o PP concibe a educación como un negocio, ó mesmo tempo que canle de adestramento ideolóxico. O protagonismo do integrismo relixioso está na base do conflito. Saído é que as organizacións integristas relixiosas márcanlle a Xunta o vieiro en política educativa. A estas organizacións interésalles desprestixia-los docentes do ensino público, atacando,  así, á competencia; pero ademais,  de esganala detraendo recursos que incorporarán o seu sistema. Nalgunhas Comunidades gobernadas polo PP, a financiación de proxectos de ensino de grupos integristas alcanza niveles de escándalo, non solo se lles dan solares gratis pra construción de colexios, senón que as mesmos gobernos implícanse no proxecto. O sostemento con fondos públicos do ensino privado, discrimina aqueles proxectos non confesionais dos relixiosos: aínda entre  estes últimos, diferenciase entre o simple ensino en colexios relixiosos, dos que son rexentados por organizacións integristas. Como norma xeral, e quizá neso radica a súa orixinalidade, os colexios son rexentados por segrares, pero a dirección do sistema e as normas, emanan da seita relixiosa á que pertenecen.

 

0 comentarios