ANTECORRUPCION NON PASA POR GALIZA
As axudas económicas da Xunta a algúns centros de ensino privado son de escándalo, especialmente ós integristas relixiosos. Por cada euro que a Xunta inverte no ensino público, gasta seis no ensino privado. Non todo o ensino privado recibe o mesmo trato. Os centros pertecentes a setas integristas católicas son os mais privilixiados. Isto fai medra-lo descontento no ensino público, que queda como un servizo de beneficencia. Os contratos, outórganse, sen o menor complexo, a dedo. Da igual que sexa adxudicación directa ou concurso. As normas, como no caso da sobriña de Romay, pásanse polo arco de triunfo. A empresa da sobriña de Romay, que concorría con outras empresas, e que, de largo, era a mais cara, resultou a beneficiada. Normal, si temos en conta que Romay foi o padriño de Feijoo e débelle todo a el. A adxudicación de contratos de obra e suministros e parella á política de persoal. O casos de clientelismo impregnan toda a acción política da Xunta.
0 comentarios