O PASEANTE, MUÑIDOR DE VOTOS
Exprimido, ó currante non lle queda outra que asistir asombrado, como convidado de pedra, ós bacanais que se montan os que mais teñen e os políticos. Vemos, e segue, que NCG xubila anticipadamente a moitos directivos. Son xubilacións millonarias que lles pagamos os clientes de NCG. Os empregados pedíuselles un sacrificio pra salva-la Entidade. Agora eles, que grazas a súa ineptitude e desleixo, a caixa está na UVI, marchan cobrando hasta o último euro. De igual xeito o Presidente da Xunta marcha pras américas a facer campaña pro PP cos cartos da Xunta, de todos nos; mentres recorta inversións en infraestruturas, sanidade, educación , et. Os currantes son, unha vez mais os que sosteñen esta tropa.
0 comentarios