NADA QUE DESFACER, NADA QUE INAUGURAR
Un titular tan simple reflexaría o esta do desgoberno de Feijoo. Onte escribía sobre a seca de inauguracións do goberno galego. Feijoo, o mesmo tempo que intenta manter alta a moral do seu equipo de goberno e narcotizado ó pais. A palabrería de Feijoo xa empeza a semellarse a eses traxes que se poñen a cotío durante anos; son traxes gastados, que nos recordan tempos mellores do usuario. Nun tempo Feijoo quixo vende-la imaxe de modelo de goberno pepero; pero ese papel non foi do total agrado de Xénova, porque os logros de Feijoo eran o esborrallamento do construído polo anterior goberno, a narcotización dos gobernados cun propaganda, como nade podía imaxinar, nos medios de comunicación; de feito, unha importante parte dos presupostos dedicounos a este fin, cada euro, cada acción de goberno, ia acompañada dunha campaña publicitaria. Agora, que nada hai que desfacer, nin nada que inaugurar; porque nada se construíu; chega a parálise. A Culpable a crise, malia que é pra tódolos paises.
0 comentarios