NADA QUEDA
Salvo as palabras goras e grandielocuentes de Feijoo, xa nada queda en Galiza. Os nosos medios financeiros foron dinamitados. Galiza esfarélase. BE, Consello de Administración e Xunta son culpables do que pasou en NCG. É inmoral e de chourizos o que fixeron os directivos de NCG; por riba pedíndolle ós empregados sacrificio. Mar Barcón estivo no Consello no que se acordaron as primas. Feijoo coñecía, por adiantado, o que pasaba. PSOE obtiña financiación de Caixa Nova, e o PP de Caixa Galicia. Todo era un contubernio entre os políticos e os que manexaban as caixas; uns obtiñan financiación e outros a forrarse; ían cada un ó seu. Agoa Feijoo, na súa liña habitual, intenta votarlle a culpa a outros; a súa Conselleira de facenda, nunha intervención subrealista no Parlamento, culpou hasta ós Reis Católicos
É dunha inmoralidade que raia a burla, tanto o comportamento de Feijoo como os exdirectivos das caixas. Sinto unha fonda dor escoita-lo trilero e charlatán, sen asumi-la responsabilidade do que pasou. Non debemos esquece-la nosa responsabilidade se non facemos o posible pra librarnos desta praga.
0 comentarios