O EMPERADOR
Acudiu o emperador da terra de Fisterra á convención do PP, rodeado polo mais florido e valioso do seu goberno. Escoltábano a Conselleira de Traballo, responsable do incremento do paro e da destrución dos Servizos Sociais; o Conselleiro de industria, que pode presumir de que a produción industrial caeu o ano pasado nun 12%, mentres no resto de España tivo un lixeiro incremento, cun concurso eólico embeleñado. Menos mal que nin abriron a boca.
1 comentario
Anónimo -