¿ MAIS FRASO ESCOLAR?
O fracaso escolar ten unha posible efecto na calidade do ensino, polo que é lóxico pensar que os recortes no ensino público terán como consecuencia inmediata unha merma na calidade do ensino público. Os recortes que a Xunta efectuou no ensino público, non tiveron a mesma mingua nas cantidades destinadas ó ensino privado, antes ben, houbo un incremento selectivo pra colexios de elite e de orientación católica.
As protestas dos ensinantes, os políticos da Xunta procuraron que o público as vira como a defensa dos privilexios dun colectivo insolidario. Esta é unha tendenciosa e simple desvirtuación dos feitos e dos motivos das protestas. Admitindo a posibilidade de que houbera elementos movidos por intres persoal; asociacións de pais e profesionais do ensino decátanse de que o que o PP pretende e fomenta-lo clasicismo social a base dun ensino de calidade pra que os privilixiados sigan sendo privilixiados e formar unha clase de persoas, similares ós servos da gleba da Idade Media, pra que siga tendo a clase privilixiada uns servidores baratos, sen posibilidade de redención.
1 comentario
Retrincos -