LUMES NO MONTE E NO PARLAMENTO
Mentres Ourense ardía e o aire se volvía irrespirable, o Superdelegado, o home de Feijoo en Ourense, pasaba dos problemas da provincia e ía a Madrid ver un partido do Real Madrid, do que é un gran seareiro. Non ía ir apaga-los lumes cunha mangueira, dixo. Entre iso e demostrar, ou facer crer, que lle preocupa a provincia, as súas xentes e os seus bens, hai moito recorrido. Ademais, coa mangueira emulaba a Feijoo; seguro que o ían retratar tan guapo como a Feijoo. Despois da lea que se montou e dunha chamada á orde dende San Caetano, rectificou parcialmente e dixo que fora a Madrid ve-los fillos, O partido tamén. No Pazo do Hórreo, o Presidente coa súa habitual maneira de comportarse, respondía con dureza as interpelacións parlamentarias sobre o tema, con chulería, desprezo e unha alarmante agresividade. Voto de menos a Beiras, pra responderlle como se fixo merecente.
3 comentarios
Ruxeruxe -
Retrincos -
Dende logo, a quen se lle ocurre!!! O territorio ardendo polos catro costados e o tío tan pancho vendo a Cristianito e os seus secuaces. De coña...
Anónimo -