CINCO MILLÓS DE TRAXEDIAS
Non son uns datos fríos, son cinco millóns de traxedias. Os datos da EPA non son unha boa nova. O mais asombroso é que as ventas de produtos de luxo está non momento de crecemento, mentres se contrae o consumo do sector menos previlixiado. Nada bo nos ilusiona, xa que os candidatos recorren a vellas receitas fracasadas. As empresas prescinden case dun tercio dos empregados, e os que quedan, quedan en peores condicións, con menos salario, peores condicións laborais e mais traballo, que non significa mais produtividade. O empobrecemento e incerteza no futuro laboral supón menor consumo e menos crecemento económico. Mais pobreza e mais concentración da riqueza. As últimas reformas fiscais supuxeron unha baixada de impostos ós mais ricos, mentres se incrementaban os impostos sobre o consumo pra manter a recadación. Dentro dise programa oculto do PP, parece que xa non é tan oculto a promesa do PP de baixar impostos ás rendas de capital e os mais ricos. O resultado pode ser un incremento mais grande no estado do déficit, ou unha redución dos servizos e un incremento dos impostos sobre o consumo; os que pagamos todos, independentemente da renda.
2 comentarios
Lorcho -
Axouxere -