Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A PATIÑA

 

    Din que Rueda, dende San Caetano, Goberna os Concellos. Algúns alcaldes xa se lle adiantan; son alcaldes moi aplicados. O de Santiago, como nos mellores tempos do ladrillo, prepara pelotazos como o da finca do Espiño, mercado de gando ou estación do AVE. Non é dabondo o reparto do público, nin os contratos de persoal a dedo; sempre se pode superar. Non sei cal levará o premio, supoño que cada quen ten un preferido. Dende logo, eu non sei cal é o número un. Non sendo necesarios, porque hai na planeilla de persoal funcionarios cualificados, contratou persoa,l a dedo, que lle supoñen ó Concello 150.000 anuais. A concelleira de persoal alega que a normativa llo permite. Permitirallo, pero inmoral si é. A finca do Espiño ten vía libre pra urbanizar, grazas o PP. Moi ilegal, ou moi inmoral, ou ámbolos dous. Os terreos do mercado de gando son algo cobizado, pero non é a única razón; o complexo de Silleda é unha obra do PP, igual que a da Cidade da Cultura; outro desatino que hai que encher de contido. Espir un santo, pra vestir outro. A estación do AVE ten, esencialmente, un defecto: non é     suficientemente especulativo. Non hai lugar pros pelotazos; pra mais non é un proxecto  do PP, aínda, que por interese da cidade, podíano facer seu. A crise económica pon o descuberto a imposibilidade de manter certas infraestruturas, de dubidosa rentabilidade, por non dicir nula, pero que foron concibidas á imaxen do VALLE DOS CAIDOS

 

2 comentarios

Luintra -

A Cidade da Cultura xa está quedando retratada como monumento dun tempo que pasou e tardará en volver ao noso país: o da incoherencia, o despilfarro, as obras faraónicas sen necesidade, o gastar por gastar en definitiva. Veñen tempos moi malos nos que xa non hai un peso para tirar desa maneira. Acabáronse os festexos!!!

Anónimo -

Deches no cravo!!! Unha cousa que me ten a min asombrado é como Rueda, esa caste de secretario de concello, vaise impoñendo a poucos no panorama municipal galego. Ao primeiro semellaba un coitado pero agora xa é o galo que máis cacarea no curral.
Ten aos alcaldes acollonados!!!