SEN REMEDIO
Privatiza-la sanidade, como vai face-la Cospedal, adiantada do PP, ten dúas vantaxes, dende o punto de vista desa ilustre política; por un lado dáselle o negocio os amigos, por outra ocultase un endebedamento, que non contabiliza, como tal, en Eurostart. A xestión é ruinosa pros intereses públicos. As empresas privadas, mais se son dos amigos, están pra facer negocio. O invento xa se puxo en práctica na Inglaterra da Tacher e na CA de Madrid. En menos de tres anos, a inversión de novas construcións xa está amortizada; a partir de aí todo é gañar diñeiro. Pola súa parte a CA contrae unha débeda pra moitos anos, que terá que pagar mediante un canon anual. Non se ten demostrado que o servizo prestado ó doente sexa óptimo, mais ben ó contrario; porque se regatea en todo; tampouco é mais barato. Tense constatado que o servizo, sen ser mellor, encarécese en mais dun 60%. O negocio é unicamente pros axudicatarios do servizo, que soen ser sectores moi ligados ó poder. Todo estaba previsto que así fora, nade se pode queixar, nin os fillos mutantes da cabra lexionaria.
0 comentarios