Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ODIAN O PÚBLICO

ODIAN O PÚBLICO

 

     O Goberno sigue como un seareiro  as políticas liberais mais extremas. Anuncia o recorte de 4.000 millóns de euros e non tocará as grandes fortunas, os privilexios de políticos e a airexa, as axudas ós banqueiros ineptos; recaeran os recortes sobre os funcionarios, sanidade, educación pública e políticas sociais. En realidade odian o público e o social; e intentan quer as empobrecidas clases sociais sexan as que paguen unha desfeita na que nada tivo que ver; antes ben, foron as únicas vítimas do egoísmo, dos que por riba, son intocables. Isto solo será un doce azoute nas nosas pousadeiras, e un asalto de ensaio á nosa baleira carteira. O axuste duro, e contra dos febles, virá logo das eleccións andaluzas. Mentres tanto haberá contención. O ultraliberal Ministro de Economía, fixo un relato do estado da economía, dicindo obviedades, que todos sabiamos. Todos esperábamos que nos anunciara solucións, pero iso é o que non fixo; non sei si é porque non as ten, ou porque teme  a reacción social si di o que pensa. O silencio de Rajoy é un silencio que se escoita; non está calado por ningunha razón comprensible; simplemente non sabe que dicir. Haberá periodistas do seu entorno, que poñerán na boca de Rajoy palabras que nunca dixo e susurraranlle á orella as consignas dos explotadores.

 

1 comentario

PitaAzul -

Xa temos os recortes, suba do IRPF, suba do IBI, aumento do imposto as rendas de capital, conxelación os funcionarios, desgravación fiscal a vivenda pero para todos é dicir, igual desgrava o rico que o pobre... esto só é o principio....