AFORRO E EFICACIA
Nin unha cousa nin outra. Quere o PP que comulguemos con rodas de muiño. Presentan como un aforro a división do mando da policía; aínda van mais aló; segundo o PP haberá mais eficacia policial. Sen entrar na idoneidade do mando; especialmente o Sr Fernández de Mesa é de sobra coñecido, tanto pola súa formación académica como polo seu entusiasmo do vello réxime. Especialmente pola súa traxectoria nos cargos que tivo no pasado, dentro do PP, deixa unha traxectoria de eficacia. No seu haber, amigo intimo de Rajoy, que é o que mais puntúa. O Director da policía, coñecido activista no Congreso dos Deputados, da fundación FAES e, sobretodo, un dos inventores do caso FAISAN. Non é xente que lle gustaría a ninguén ter o seu lado. A desactivación da investigación do caso GÜRTEL será o primeiro éxito da división policial; o segundo, prepara-la resposta represora ós cidadáns. A pregunta do millón. Non compartiran información, xa que non hai coordinación entre os dous corpos policiais. Houbera sido mellor suprimir un corpo, pero os intereses do PP non van pola eficacia.
3 comentarios
Nemigo -
Con todo non se menciona (e é unha pena) un episodio acontecido en Ferrol nos seus tempos de concelleiro. En plena folga do servizo de recollida de lixo. Este home (e un grupo de falanxistas, xuventudes OJE) entraron no depósito municipal de maquinaria e leváronse un camión do lixo
Percorreron as rúas de ferrol polas que pasarían as procesións de semana santa recollendo lixo para que non se vise na retransmisión da televisión galega que a cidade era unha esterqueira.
Tremendo!!!
Lorcho -
Por exemplo, no seu currículo fai constar que é Funcionario do Estado por oposición dende maio de 1979, hoxe en situación de "excedencia por servizos especiais", despois de estar destinado no Porto de Ferrol.
Certo, accedeu en 1979 a unha praza de oficial segunda administrativo do Porto Del ferrol, unha das escalas máis baixas dentro da Administración. O seu pai tamén foi funcionario do devandito organismo, aínda que me imaxino que dalgunha categoría superior, como Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas que era.
Tamén di que é Inspector Técnico do Departamento Marítimo da multinacional inglesa International Marine Coatings Ltd., mediante concurso selección, dende Xullo de 1982, ata que en Setembro de 1988 pasa á situación de "excedencia forzosa", para dedicarse plenamente á actividade política.
En resumo, era un delegado dunha empresa de pinturas para barcos.
Gábase de obter o Máster en Mercadotecnia, do RENMARK, xuño de 1980. Diplomado en "Protección e Revestimentos do Aceiro" por International Paints en Bilbao en 1984. Diplomado en "Corrosión e a súa Prevención" pola Escola de Enxeñeiros Técnicos Navais de Ferrol, da Universidade de Santiago de Compostela, en 1988.
Diplomado en "Contaminación e Protección do Medio Natural", Universidade Politécnica de Madrid, Marzo 1988.
Todo isto non son mais que cursos de horas, días ou semanas, dos que se adoitan facer en case todos os traballos, pero non son estudos de rango universitario. E como ao final de cada un lle deron un diploma, non mente ao dicir que é diplomado. Na ficha da lexislatura 1989-1993 incluía ademais un Diplomado en sistemas informáticos.
En resumo, moita palla para ocultar que é un "simple" funcionario administrativo sen estudos universitarios, que progresou a conta de cargos políticos.
Sartalo -