Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A BECARIA E O FRAUDE

A BECARIA E O FRAUDE

 

     Dixo a becaria que se ía a inicia un plan de loita contra do fraude fiscal, e que esperaban recadar 8.000 millóns de euros. Tendo en conta que se estima a existencia dun fraude fiscal de entre os 60.000 millóns de euros e os 150.000 millóns de euros, o obxectivo do goberno parece mais ben modesto. Ou ben o plan é de cara a galería, ou se pretende deixar á marxe da investigación as grandes bolsas de fraude, o cal é moi posible. Unha adecuada lexislación, houbera sido mais efectiva que calquera custoso plan de investigación e mais sinxela.  No exercicio pasado facenda recadou mais de 10.000 millóns de euros por este concepto, pero agora o obxectivo é menor e, por riba chámanlle plan ; soa a estrataxema, a querer facernos crer que intentan facer algo novo, que agora hai lei e se vai cumpri-la lei. Como si fóramos monos e hasta agora viviramos na selva. Os Botín parece que ían paga-lo f raude; nesto apareceu de la Vega e as actas volvéronse fume. Agora, mais do mis mo. Investigar ós currantes

1 comentario

Boldraos -

A fraude é un dos sinais perennes de que España é nin máis nin menos que un país bananeiro. Aquí tododiós defrauda a Hacienda, dende as grandes empresas co seu persoal, as grandes fortunas liscando cos seus botíns (nunca mellor dito) aos paraísos fiscais, ata os curreliñas dos autónomos traballando por catro e tributando por dous...
A fraude forma parte da paisaxe o da paisanaxe do país. Levaa clara Rajoy como tente meter man neso!!