CREDIBILIDADE
A credibilidade dos políticos españois está en números vermellos. Non facía falta chegar ó xiro de porca de Rajoy, cargando de impostos a quenes non son culpables da crise, porque Rajoy xa pouca credibilidade tiña, e agora as axencias de calificación da débeda déronlle a verdadeira e incuestionable valoración do seu goberno, i é que non se pode confiar en que se esconde; pero os aspirantes a Secretario Xeral do PSOE, que foron partícipes das políticas de Zapatero, agora renegan del, como fixera Sampedro con Cristo. O PP, na oposición, estaba sempre coa cantinela da baixada de impostos; na campaña electoral dicía que nunca subiría os impostos, que tal medida sería insolidaria e prexudicaría ás clases mais febles. Foi chegar ó poder e fixo todo o contrario do que prometera; iso si, votándolle a culpa ós demais, unha covardía que engade á mentira. Unha lei que obrigue a cumpri-lo que se promete en campaña, fase necesaria, aínda que non sería ningunha garantía. Pra demagoxia a de Montoro que promete un lei penalizando ós que gasten mais do debido. Recorda a película de Berlanga: “todos a la cárcel”. Seguro que vai empezar polos do seu propio partido: Medio PP á cadea...o Ministro de Xustiza , Castellón, Valencia, Murcia, etc. É un demagogo. Xa está todo lexislado, solo hai que cumpri-la lei
2 comentarios
Castrelos con cachelos -
Sae todos os días a soltar a súa parida, hoxe foi que non se ía cumprir o criterio de déficit público para 2012, e aos poucos ten que aparecer algún membro do goberno, case sempre Soraya, a apaga-lo lume. É normal que a xente común se tome a esta clase política como un clan da chirigota de Cádiz, como un fato de paiasos, que é o que realmente xogan a ser.
Lorcho -