Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SOLO UNHA COICIDENCIA

SOLO UNHA COICIDENCIA

 

 

     Despois da declaración de “non culpable” de Camps, a Rajoy preséntaselle un problema. A cuestión é que facer con Capms. Algunhos peperos xa saíron en tropel a defender a Camps, entre eles o Boca Negra e a Cospedal. Como diría Trillo: manda ovos; que sexa a Cospedal a que fale das infundías  sobre Camps, ela que non reparou en lixar a honra de moita  xente, que nunca tivo reparos en latricar o primeiro que se lle viña a boca, fose ou non certo, sen que nunca amosara o mais mínimo arrepentimento. Os Deputados autonómicos valencianos formaron parte de listas elaboradas por Camps, e xa vai tempo que veñen organizando un pronunciamento. A sentencia sobre Camps non é definitiva, pero a Rajoy xa lle xurdiu un problema. Eu suxírolle que, pra cumprimento dese código  ético que volveu a publicar, nomee unha comisión formada por Costa e Camps pra persegui-la corrupción dentro do partido. O xurado do caso Camps estaba formado, salvo tres, por xurados menores de trinta anos. O dirixente das xuventudes peperas visitou  o  hotel onde  os membros do xurado; podía ser unha coincidencia, pero unha película  americana que vin sobre o xurado, no caso dun xuízo a un membro da mafia, deixoume mal corpo

 

1 comentario

Retrincos -

Pois eu penso que lonxe de limpar a honra de Camps, este xuizo tan surrealista o que está é a enlixar a institución da xustiza, amáis de ridiculizar este proceso. Neste senso, a noticia publicada hoxe nos medios amosando parte das actas do xurado cheas de faltas de ortografía son o colmo do disparate. Xa vedes, os encargados de decidir a culpabilidade deste elemento non saben nin escribir ben a palabra "favorable", nin teñen coidado das puntuacións ou as tildes. Non me asombra o resultado das súas deliberacións vendo o nivel da súa cultura!!!