O MAL DE ESPAÑA
O mal de España, ademais do paro é a desfachatez con que menten os políticos. Como o mentir é de balde; e por riba dalles bos resultados, teñen asumido o de mentir. O mais incrible é que os votantes ven natural que mintan. O paro é unha praga; Rajoy prometeu crear un millón de autónomos: se as autonomías e os axuntamentos gobernados polo PP lles pagaran o que deben, moitos autónomos e pequenas empresas non terían que pechar. Cunha destrución de mais de 9000 empregos diarios en España, durante o mes pasado, na era mariana,nade no seu san xuízo se cre xa as promesas de Rajoy, que son igual, calcadas, as promesas de Feijoo. O mellor, como soen dicir todos, non lles entendemos ben, e a culpa é nosa, o mellor o que prometían é que acabarían co traballo. O paro é como calquera andazo; remitirá cando xa non haxa traballadores por conta allea; entón os políticos gabaranse de ter acabado co paro
0 comentarios