Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PODER ESCURO

PODER ESCURO

 

 

 A monarquía de JC naceu do franquismo, logo do 23 o juancarlismo adquire unha lexitimación, intentando vincula-la democracia á monarquía. Non falta quen opina que o golpe do 23f foi unha opereta montada pra lexitimar unha forma de goberno. Non faltan razóns pra pensar así; aparecer como o salvador,que renegado vello réxime e eríxese como garante da democracia. Cambio aparente pra que todo siga igual. Democracia e monarquía foron conceptos que nunca conviviron en España. De aí que se necesitara un golpe de efecto. As dúbidas sobre a convivencia entre democracia e monarquía medran co caso Urdangarín, no momento en que o xuíz que leva o caso está sendo investigado polo CXPX. Un xeito de presiona-los xuíces na linea do que se fai con Garzón.

1 comentario

Anónimo -

Lamentable que en pleno século XXI aínda permanezan estas antiguallas como a monarquía española. E logo non sabemos gobernarnos os españois que teña que vir unha familia de procedencia francesa a nos representar na cabeceira do Estado??
Por certo, en Francia hai moito tempo que aprenderon e decidiron darse un rei cada cinco anos...elexindo o propio pobo. Por iso botaron ós reis e deseñaron a República co seu Presidente. Q listos!!!