PARADÓXICO
Montoro di que é paradóxico que as Axencias de cailificación de riscos baixen a calificación a débeda española, despois da tremenda reforma laboral que fixo o PP. Á marxe de que nin coas gafas ve nada, semella que as cousas se ven distintas dende o goberno que dende a oposición. Dicían que coa simple chegada do PP ó poder se ía a establece-la confianza e que este pais nadaría na abundancia. A realidade desmíntelles. Si non se incentiva o consumo, si se precariza o emprego, se mina a confianza no futuro laboral i económico, estamos sementando a inquedanza pros mercados, porque lles entra a dúbida de que coa desconfianza, a falta de seguridade laboral, a xente deixara de consumir. Haberá un arrefriamento da economía e dificultade en pagar a débeda. Haberá quen pense que o mercado da débeda, con baixada dos tipos de intres, é unha mostra de confianza dos mercados en Rajoy. O BCE está inundando o mercado de euros. A esta financiación non poden acudi-los países, senón as entidades financeiras, que lles prestan o un e merca o tres; creándose unha paradoxa, a paradoxa de Merquel. O beneficio pros capitais especulativos. Pero a paradoxa mais inexplicable é que os currantes lles voten a este PP. Todos sufriremos o resultado desta paradoxa, non podemos dicir !que lles aprobeite!. Nosoutros tamén sufriremos as consecuencias.
1 comentario
Redondelano -
Pois Rajoy igual, nada mais chegar ao poder desaparecería toda esta treboada financeira, e xa vedes!!