Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PRO MAL RECORDO

PRO MAL RECORDO

 

 

   Dicía Pachi Vázquez que Feijoo pasaría á historia como o presidente que afundiu a precaria economía de Galiza, ca privatización dos servizos públicos, a corrupción amparada dende a Presidencia  e os recortes do benestar e  de persoal, o despilfarro do diñeiro público, sostendo embaixadas no estranxeiro, que ningún beneficio lle reportan a Galiza. É escandaloso o luxoso palacete de Madrid, pero nada comparado ás 15 Delegacións nas que non hai ningunha actividade; noutras solo serven como oficinas electorais, sendo residual o traballo que pode beneficia-lo pais. Algunhas oficinas, ou Delegacións no estranxeiro foron creadas por iniciativa do Conselleiro de Industria, que é, con moito, a Consellería onde mais notoria é a corrupción. Despois recorta en sanidade, educación e servizos sociais; escaramuzas de redución de persoal en servizos administrativos, diferenciando ó persoal que non enchufou el, sexa do goberno que fora, e os que colocou el.

l

3 comentarios

auto -

Xusto, viven nun universo paralelo, fora da realidade; porque eles construen a realidade a súa conveniencia.

Castrelos con cachelos -

Pois a min dame a sensación de que este tío está completamente seguro de que está a facer un gran traballo por Galicia.
¿Non vos decatades de que as veces moitos dos que nos gobernan semellan estar nunha especie de "universo paralelo"?
Pois isa é a sensación que Feijoo e a súa cohorte me transmite. Se oídes falar ao Rueda xa non vos quedarán dúbidas...un flipao!!
Pois nada, que siga o reinado de Feijoo "o austero", a ver en que quedamos ao final.

Grova -

Efectivamente, para o persoal pepero enchufado non haberá recortes, xa que fora da Xunta fai moito frío para o que non sabe gañarse a vida sen o padriñazgo político.
Dos chiringuitos, mellor non falar!!